Axenda
19/05/2020
Información local actualizada a 19 de maio de 2020 relativa a COVID -19
Faise público o oitavo informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo: dende o 12 de Maio ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19. Volta á normalidade nas Oficinas Municipais en tódolos ámbitos a partir do día 25 de maio pero con cita previa, apertura do Punto Limpo tódolos sábados de 9:30 as 13:00 horas con cita previa, nova programación de Rutas de Sendeirismo e Turismo de Estrelas e condicións de inscripcións, así como uso de Piscina e Praias Fluviais.
17/05/2020
Pequena homenaxe dos nenos do CEIP Antonio Blanco Rodriguez a Ricardo Carvalho Calero con motivo do Día das Letras Galegas 2020
A mocidade do Colexio de Covelo participa na celebración do día da nosa lingua e cultura con dibuxos e textos conmemorativos. Aquí poden ver algúns dos traballos realizados.
14/05/2020
Comunicación do ORAL relativa ao pago de recibos de taxas e precios públicos emitidos antes da declaración do estado de alarma.
Desde o ORAL está a garantirse que os recibos emitidos de taxas e prezos públicos enviados ás persoas
contribuíntes antes do decreto do estado de alarma, podan pagarse sen recargas nos novos prazos estipulados en período voluntario ata que se publique o novo calendario fiscal.
12/05/2020
Información local actualizada a 12 de maio de 2020 relativa a COVID -19
Faise público o sétimo informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo: dende o 5 de Maio ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19. Con motivo da entrada na FASE 1 ponse en coñecemento da veciñanza a entrega de libros na Biblioteca Municipal, a posibilidade de uso das Pistas Polideportivas con cita previa, a atención nas Oficinas Municipais con cita previa e a próxima apertura do Punto Limpo.
10/05/2020
Roteiro Guiado do Alén e Barcia de Mera

[1558 noticias - Página 143 de 312]   [anteriores] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade