Axenda
17/06/2020
Contratación de persoal polos programas APROL e RISGA
Ao abeiro do Programa de axudas do fomento do emprego no medio rural - APROL RURAL o Concello de Covelo fará as seguintes ofertas de emprego: 3 peóns forestais e 3 peóns de albanelería.
16/06/2020
Información local actualizada a 16 de xuño de 2020 relativa a COVID -19 e outras.
Faise público o décimo informe de situación de casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo: sen novos diagnósticos desde o día 10 de xuño e con 3 persoas afectadas; unha ingresada e dúas dadas de alta. Infórmase tamén do prazo para as "Axudas para negocios, autónomos e empresas" que finaliza o 29 de xuño. Infórmase de que está aberto o prazo desde o día 15 para solicitar o "Ingreso Mínimo Vital" ( IMV). Infórmase da "Tarxeta moedeiro, Axudas de Inclusión Social e Bono coidado extraordinario" da Xunta de Galicia; do Campus Multideporte e Escola de Verán; das condicións de uso das Pistas Polideportivas Municipais e Parques Infantís así como de Praias Fluviais e Piscina Municipal; da recuperación do Mercado de Produtos Locais; da contratación de persoal a través dos programas APROL e RISGA, así como da limpeza de camiños e espazos públicos.
16/06/2020
Mostra de productos de proximidade e de hortas ecolóxicas 2020
Vende os teus produtos nas Mostras de Covelo 2020. Primeira Mostra: 3 de xullo de 2020.
15/06/2020
Proceso de solicitude do Ingreso Mínimo Vital
Infórmase ás veciñas e veciños do municipio da posibilidade de solicitude do Ingreso
Mínimo Vital posta en marcha polo Goberno do Estado.
15/06/2020
Escola de Verán "Covelo coa Igualdade" 2019
Dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos. De luns a venres de 9:00 a 14:00 h. Inscripcións do 16 ao 19 de xuño.

[1558 noticias - Página 140 de 312]   [anteriores] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade