26/05/2020 Reanudación dos prazos para a presentación das declaracións anuais das pensións non contributivas (PNC). En aplicación da devandita regulación, a partir do 1 de xuño de 2020 renovarase o cómputo dos prazos administrativos que se suspendeu na xestión das pensións da Seguridade social na súa modalidade non contributiva, prestacións sociais e económicas para persoas con discapacidade e complemento de aluguer. Novo prazo ata o 18 de xuño de 2020.
19/05/2020 Información local actualizada a 19 de maio de 2020 relativa a COVID -19 Faise público o oitavo informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo: dende o 12 de Maio ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19. Volta á normalidade nas Oficinas Municipais en tódolos ámbitos a partir do día 25 de maio pero con cita previa, apertura do Punto Limpo tódolos sábados de 9:30 as 13:00 horas con cita previa, nova programación de Rutas de Sendeirismo e Turismo de Estrelas e condicións de inscripcións, así como uso de Piscina e Praias Fluviais.