Novas
15/09/2020
Información local actualizada a 15 de setembro de 2020 relativa a rebrotes de COVID -19
Para coñecemento da veciñanza, facemos público o I Informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo nesta nova etapa de evolución da pandemia e outras novas de interese.
05/09/2020
Cine na rúa: Película "Sufragistas" e coloquio.
Cine para a igualdade e contra a violencia de xénero con coloquio posterior.
O sábado 5 de setembro as 21:30 h. na praza do Mestre Cerviño en Covelo.
04/09/2020
III Mostra de produtos de Covelo 2020
Este venres terá lugar a III Mostra de Produtos de Covelo deste ano, proxecto en colaboración coa Deputación de Pontevedra no que se pretende o impulso da venta directa xunto cunha programación para promocionar a cociña saudable. Haberá servizo de transporte para para facilitar a mobilidade polas parroquias. Faranse obradoiros de cociña en directo nas mesmas exposicións co fin de que as persoas aprendan a realizar cociña saudable cos productos de temporada. Obradoiro de cociña con Gloria Domecq Catering as 11 h. Sesión vermú concerto con M.J. Pérez.
03/09/2020
Obradoiro de empoderamento e autoestima da muller
Na Sala Multiusos do Edificio de usos múltiples de Covelo, os mércores 16 e 23 de setembro e os venres 18 e 25 setembro das 17:00 ás 20:00 h. Inscricións do 4 á 11 de setembro 2020.
29/08/2020
Segundo roteiro guiado de observación estelar no Alto do Castelo do Faro.
Catro xornadas de roteiros e observación e interpretación astronómica no Miradoiro Paisaxístico do Castelo (Punto Geodésico do Faro, o máis alto de Pontevedra, con 1.154 m.) en Prado, Covelo. Atópase aberta a reserva para as dúas últimas que terán lugar os sábados 19 de setembro e 3 de outubro.

[1324 noticias - Página 126 de 265]   [anteriores] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade