Axenda
28/08/2024
Servizo de Conciliación Concello de Covelo 2024
Do 2 ao 6 de setembro en 9:00 h ás 14:00 h e pola tarde, luns, martes, mércores e xoves (setembro) de 16:00 h a 19:00 h.
Aula Multiusos edificio usos múltiples.
Máis info nas oficinas de servizos sociais de forma presencial ou no telf. 986650027 (ext 3)
25/08/2024
Roteiro do Alén e Barcia de Mera. Domingo 25.08.2024
Os roteiros guiados do ano 2024 son actividades turístico-deportivas do Concello de Covelo e Deputación de Pontevedra, guiados polo guía de montaña, biólogo e fotógrafo Julio Eiroa.
24/08/2024
Festas en San Salvador de Prado - Programación Cultural Concello de Covelo 2024
Sábado 24.08.2024 ás 22.30 h nas pistas deportivas da casa cultural.
24/08/2024
Roteiros guiados e observación estelar no Alto do Castelo do Faro (Paraxe Starlight)
O 24 de agosto e 7 de setembro xornadas de Observación Estelar. Saída ruta: Igrexa San Salvador de Prado(Covelo) ás 18h, subida ao Faro e observación dende 23:00h ata 02:00h. Reservar: 622.676.355.(Jesús FeGAR)
22/08/2024
Aberto o prazo para inscribirse en +Benestar da deputación de Pontevedra.
Estancia de seis días e cinco noites nun hotel balneario.
O Concello de Covelo informa que está aberto ata o cinco de setembro está aberto o prazo de inscrición no programa +Benestar da Deputación de Pontevedra. Nel ofrecese unha estancia de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os veneres despois de xantar) nun hotel con balneario, talaso spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural. Para poder participar hai que ter máis de 55 anos e estar empadroado nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra.

[1608 noticias - Página 12 de 322]   [anteriores] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade