Novas
29/01/2021
Axudas para proxectos de enerxía renovable para particulares.
Axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico (IN421P). Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, aerotermia ou solar térmica.
Axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica IN421O). Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos para subministración en vivendas ou inmobles de carácter residencial.
Prazo de presentación: 01/03/2021 - 01/07/2021
28/01/2021
Enquisa de participación veciñal no V Plan de Formación 2021
No presuposto deste ano contemplase unha partida orzamentaria para a ejecución dun Plan de Formación dirixido ós veciños do Concello preferentemente as persoas desempregadas. Có obxecto de determinar os cursos mais axeitados e a programación no tempo, sométese o plan a consulta pública para que tódalas persoas interesadas poidan facer as suas propostas tanto nos tipos de cursos que lle gostaría que fosen realizados como no calendario de realización destes.
27/01/2021
Aberta a consulta e participación no proxecto de humanización de prazas e rúas en Covelo centro.
Información e participación no proxecto de establecemento de itinerarios continuos e humanización de rúas en Rúa Troveiros, Praza Mestre Cerviño e Travesía de Vigo mediante a promoción da mobilidade peonil, a eliminación de barreiras arquitectónicas con plataforma única, mellora da accesibilidade e reducción da velocidade do tráfico.
27/01/2021
Nivel Máximo de Prevencióon en toda Galicia ata o 17 de febreiro.
Xa están en vigor as novas medidas de prevención para controlar a pandemia.
21/01/2021
BANDO - Información Local Covid-19 a 21-01-2021
Información Local Covid-19 a 21-01-2021
Máxima precaución polo incremento de casos.

[1324 noticias - Página 118 de 265]   [anteriores] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade