Novas
17/05/2022
O soño da Galicia infinda. Día das Letras Galegas 2022
Día das Letras Galegas 2022 adicado a Florencio Delgado Gurriarán nas propostas da Real Academia Galega e a Deputación Provincial de Pontevedra.
14/05/2022
Presentación do libro: Santa Mariña de Covelo, notas de toponimia, historia e patrimonio.
Trátase do segundo volume da serie sobre toponimia e historia titulada "Covelo, parroquia a parroquia", neste caso adicado á parroquia de Santa Mariña.
A presentación será o sábado 14 de maio as 19:00 h. na Casa Reitoral de Santa Mariña.
08/05/2022
Roteiro Guiado "Poza Piñeiro"
Domingo 8 de maio de 2022, lugar de encontro Cemiterio Piñeiro (Covelo) inicio ruta ás 10.30 h.
07/05/2022
Mostra de Produtos de Covelo 2022
Nova edición da Mostra de Produtos de Covelo.
Sábado 7 de maio de 10 a 14 h. na Praza Mestre Cerviño.
Artesanía, decoración, libros, prantas, xoguetes, cerámica, xoiería, macramé, moda, horta ecolóxica, pan artesán, maquetería, cestería, cosmética natural, ....
Este sábado con unha novidade, volve o fotografo minuteiro que ofrecerá a oportunidade única de fotografarse ao estilo do século XIX.
Tamén teremos un obradoiro infantil de marcapaxinas co motivo do próximo día das letras galegas de 12 a 14 h para tod@s os nenos e nenas con Animar-T animación.
06/05/2022
Xornada Informativa sobre a Factura da Luz
Dende o Instituto Galego de Consumo e da Competencia queren achegar á poboación información e asesoramento en relación aos cambios que se están a producir no mercado da facturación eléctrica.

[1504 noticias - Página 112 de 301]   [anteriores] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade