Axenda
18/01/2022
Participación veciñal nos Orzamentos do 2022
Suxerencias, aportacións ou propostas en calquera ámbito orzamentario; no plan anual de obras e inversións, na organización de festas e actividades lúdicas, deportivas, culturais e sociais, ou en relación á organización e funcionamento dos servizos públicos; propostas de subvencións, modificación de impostos, taxas ou calquer outro asunto que se considere relevante.
17/01/2022
Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE 5000) en concellos de menos de 5000 habitantes.
O obxectivo de esta axudas é contribuír a acadar os obxectivos medioambientais e enerxéticos establecidos na normativa da Unión Europea, mediante a realización de actuacións de reforma de edificios existentes, que favorezan a redución do consumo enerxético e das emisións de dióxido de carbono mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables. As actuacións poden levarse a cabo en edificios de vivendas ou vivendas unifamiliares. O prazo remata o 30/09/2022.
17/01/2022
Período de consulta aberto da Avaliación Ambiental Estratéxica o Plan especial de reforma interior do polígono de execución urbanística nº 1 do PXOUM de Covelo
Participación pública DA Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan especial de reforma interior do polígono de execución urbanística nº 1 do PXOUM de Covelo
14/01/2022
Enquisa de participación veciñal no VI Plan de Formación 2022
No presuposto deste ano contemplase unha partida orzamentaria para a execución dun Plan de Formación dirixido a veciñanza do Concello preferentemente as persoas desempregadas. Có obxecto de determinar os cursos mais axeitados e a programación no tempo, sométese o plan a consulta pública para que tódalas persoas interesadas poidan facer as suas propostas tanto nos tipos de cursos que lle gostaría que fosen realizados como no calendario de realización destes.
06/01/2022
Cabalgata de Reis 2022
O xoves 6 de xaneiro de 2022 Os Reis Magos farán un percorrido por todas as parroquias de Covelo e ao rematar na praza diante do concello entregarán un agasallo doce a todos os nenos e nenas.

[1659 noticias - Página 111 de 332]   [anteriores] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade