Axenda
28/01/2022
Presentación libro "Alejandro Viana"
Venres 28 de xaneiro de 2022 ás 20.00 h no auditorio municipal do concello de Covelo, Roberto Mera (autor), Gabino Porto (xornalista) e José Manuel Sendín presentarán o libro "Alejandro Viana" un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos.
24/01/2022
Subvencións para instalacións de biomasa destinadas a particulares para o ano 2022
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible. A contía da axuda será do 50% do investimento elixible da instalación. A contía máxima por proxecto será de 60.000 €. As solicitudes deben tramitalas as entidades colaboradoras adheridas. O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de xullo de 2022.
23/01/2022
Portas abertas Serradoiro Dos Carranos
Domingo 23 de xaneiro de 2022 primeira xornada de portas abertas no Serradoiro Carranos en Maceira.
Visitas guiadas en 4 pases chamando ao 654.500.652 (Julio Eiroa)
Máximo 10 persoas por pase.
21/01/2022
Subvencións destinadas a asociacións veciñais, de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas 2022
A axuda económica que se conceda poderá acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de febreiro de 2022.
19/01/2022
Anuncio Bono Persoas Autónomas
2 Liñas de subvención para persoas autónomas cun límite máximo de 3.000 € de axuda para o conxunto de actividades subvencionables.

[1659 noticias - Página 110 de 332]   [anteriores] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade