Present News

San Pedro de Campo celebra as súas festas patronais

A misa solemne seguida da procesión será ás 12:30 horas e pola noite haberá verbena

11/08/2023



As Mulleres de Covelo recuperan o seu partido de fútbol

Hai moito tempo que as mulleres de Covelo querían recuperar unha actividade que as unía unha vez ao ano, o seu partido de fútbol. Aquel que xogaban cadrando coas festas da Nosa Señora das Dores. Este domingo convidan a toda a veciñanza a acompañalas dende as gradas e participar así na recuperación dunha actividade de longa tradición que levaba anos perdida.

O domingo día 13 ás 20:30 horas as mozas solteiras xogarán contra as mulleres casadas no campo de fútbol de Covelo. A entrada é de balde e antes, ás 19:30, farao o Club de Fútbol Covelo.

11/08/2023



Rematadas as obras de mellora e mantemento do serradoiro dos Carranos

Financiadas co apoio da Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia o Concello contratou traballos por un importe de 30.000€

10/08/2023



Sube á bicicleta en Covelo

O sábado día 12 o Concello de Covelo celebra a Festa da Bicicleta con saída na praza Mestre Cerviño ás 19:30 horas

10/08/2023



Nova York e Barcia de Mera unidos pola Danza Contact Improvisación

Formadores e persoas en expertas nesta modalidade de danza elixen Barcia de Mera para realizar actividades. O vindeiro mes de setembro o experto israelí Yaniv Mintzer ofrecerá unha formación

09/08/2023



[594 Actualidade e Noticias - Página 60 de 119]   [anteriores] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade