13/08/2017Ruta AQADificultade baixa. Percorrido duns 12 quilómetros. Saída dende a praia fluvial de Maceira ás 09 horas e chegada ao mesmo lugar ás 14 horas aprox.
O percorrido da ruta AQA atravesa un espazo natural condicionado pola presenza da auga, que actuou como modeladora dunha paisaxe de vales e valgadas. Son numerosos os elementos do patrimonio etnográfico presentes ao longo da ruta e relacionados cos usos da auga, como presas e levadas para o rego, fontes e pasos, muíños, todos eles testemuños do íntimo vencello entre os covelenses e a auga ao longo dos séculos.