Actualidade e Noticias



Se queres aportar únete ao Voluntariado do Concello de Covelo
- 12/02/2023 -

O voluntariado suma e mellora o cotidiá e ofrece un espazo no que desenvolver inquedanzas persoais e atopar un grupo de persoas con intereses comúns
O Concello de Covelo convida a todas as persoas que queiran aportar a súa axuda a formar parte do voluntariado do Concello. Na actualidade xa existe un grupo de persoas que, de xeito desinteresado, contribúen a mellorar o día a día da veciñanza, pero ante a realidade de que a diario xurden novas inquedanzas e ideas para traballar en grupo o Concello abre a inscrición para novas incorporacións.


As persoas interesadas en ter máis información deben inscribirse no número de teléfono 986 65 00 27 (ext. 3 ou 4) ou no 986 59 40 33.


O Voluntariado de Covelo precisa mans para levar a cabo novas actividades e cubrir novas necesidades por iso animan a toda a cidadanía a achegarse e participar nestas iniciativas. O grupo de voluntarios cubre necesidades pero tamén pon en marcha actividades que, sen elas e eles, non serían posibles.


Dende labores sociais e de acompañamento, a limpeza de ríos ou construción dunha carroza o Voluntariado de Covelo está sempre disposto para axudar pero tamén para encher o seu tempo libre, socializar no transcurso do desenvolvemento das tarefas, descubrir recunchos fermosos ou coñecer novas persoas con interesantes traxectorias vitais.


O voluntariado suma e mellora o cotidiá e ofrece un espazo no que desenvolver inquedanzas persoais e atopar un grupo de persoas con intereses comúns.


O Concello de Covelo pretende ampliar o equipo de voluntarios/as e chegar a chegar a novos ámbitos como o medioambiental, cultural, educativo e comunitario, entre outras cuestións que propoña o propio grupo.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade