Actualidade e Noticias

BASES REGULADORAS DAS AXUDAS LEADER

Se tes un proxecto en mente, achégate.

12/05/2025



10.05.2025 I XORNADA MIXTURANDO

O GDR Terra e Auga organiza a Xornada de Presentación de Mixturando, un proxecto de avaliación de novas estratexias de valorización do bosque mixto atlántico onde traballan xunto con Limia Arnoia GDR 10 GDR Camín Real de La Mesa e o Grupo PROePLA da Universidade de Santiago de Compostela.

10/05/2025



Covelo participa no programa Vilas en Flor.

Se queres colaborar, achegar ideas ou participar activamente, ponte en contacto coa concellería de Cultura do concello de Covelo telelf. 986650027 (ext. 4)
Vilas en Flor é unha iniciativa que recoñece o esforzo dos municipios galegos na mellora e posta en valor dos espazos verdes, a súa xestión sostible e a creación de contornos agradables para veciños, visitantes e turistas.

08/05/2025



O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera presentou a súa décimo séptima edición.

Oito concertos dende o 26 de abril ao 13 de setembro para os que será preciso reserva cita previa.

10/04/2025



O Concello de Covelo colocará a numeración das vivendas en todas as parroquias do concello. Os traballos comenzarán no mes de abril e serán financiados polo plan +Provincia da Deputación de Pontevedra

Proximamente, o Concello de Covelo iniciará os traballos de colocación das placas coa indicación da dirección e numeración de tódalas vivendas e demais inmobles en tódalas parroquias do concello. O concello ten previsto poder instalas 2700 placas ao longo dos meses de abril, maio e xuño.

08/04/2025



[597 Actualidade e Noticias - Página 1 de 120]   [1] [2] [3] [4] [5] [6] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade