Novas
23/09/2022
Axudas para o desenvolvemento de enerxías renovables térmicas no sector residencial: Xeotermia e Hidrotermia, Aerotermia, Biomasa e Solar térmica.
As intensidades de axuda son variables en función da instalación. Calcúlanse en torno a uns valores unitarios constantes (módulos) e a potencia real da instalación en kW. Prazo de presentación de solicitudes: o prazo finalizará para tódalas tipoloxías de proxectos o 2 de xaneiro do 2024. A presentación das solicitudes admitirase unicamente mediante tramitación electrónica.
19/09/2022
Axuda de 200 euros para persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio.
A solicitude presentarase na Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria, enchendo o formulario electrónico que para ese efecto se poña a disposición pola mesma ata o 30 de setembro de 2022.
17/09/2022
Concerto de Música Relixiosa San Martiño de Barcia de Mera 2022
Sábado 17.09.2022 ás 20.00 h concerto de clausura do XIV de música relixiosa.
Reservas + info 658.627.525
17/09/2022
Excursión "En Ruta Coñecer Covelo" 2022
Sábado 17 de setembro de 2022, saída dende a praza de Covelo ás 10.00 h.
Visita e explicación Cruceiro de Covelo, Pasos de Lourido, Casa Museo Etnográfico Pazo da Cruz, Dolmen de Rebordechán-Graña, Casa Museo Leónides (Graña) e ponte do rio Cabras (Graña).
10/09/2022
Curso de Manipulación, Transformación e Comercialización de Produtos Vinculados co Medio Rural.
Os días 26-27-28-29 e 30 de setembro de 2022 de 16.30 h a 20.30 h.
Na casa cultural da Lamosa - Covelo.

[1400 noticias - Página 76 de 280]   [anteriores] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade