30/09/2022Charla divulgativa do Programa TOPONIMÍZATE e da aplicación colaborativa GALICIA NOMEADAPara este fin, explícase pormenorizadamente o uso da aplicación colaborativa Galicia Nomeada, así como a rendibilidade que se lle pode tirar a esta capa de información cultural unha vez que está xeorreferenciada e normativizada. Ademais, tamén se lles explica aos asistentes o significado dos topónimos maiores do concello onde se imparte a charla.
Charla impartida por Vicente Feijoo Ares: Coordinador da Unidade Técnica de Toponimia e Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG).
Venres 30 de setembro de 2022, as 11:30 h. no Auditorio Municipal de Covelo.