Novas
24/09/2022
Roteiro por etapas da Vía Mariana
Sábado, 24 de setembro: Comezamos en Covelo ata a Portela do Foxo, entre os concellos de Covelo e Fornelos de Montes. Onde teremos a posibilidade de volver a Covelo nun minibús.
Estas son actividades actividades turístico-deportivas do Concello de Covelo e Diputación de Pontevedra, guiados polo guía de montaña, biólogo e fotógrafo Julio Eiroa.
Inscricións e información dende o luns 29 de agosto ata esgotar as prazas no teléfono 654.500.652. Número de prazas limitadas a 20 participantes/día.
23/09/2022
Axudas para o desenvolvemento de enerxías renovables térmicas no sector residencial: Xeotermia e Hidrotermia, Aerotermia, Biomasa e Solar térmica.
As intensidades de axuda son variables en función da instalación. Calcúlanse en torno a uns valores unitarios constantes (módulos) e a potencia real da instalación en kW. Prazo de presentación de solicitudes: o prazo finalizará para tódalas tipoloxías de proxectos o 2 de xaneiro do 2024. A presentación das solicitudes admitirase unicamente mediante tramitación electrónica.
19/09/2022
Axuda de 200 euros para persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio.
A solicitude presentarase na Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria, enchendo o formulario electrónico que para ese efecto se poña a disposición pola mesma ata o 30 de setembro de 2022.
17/09/2022
Concerto de Música Relixiosa San Martiño de Barcia de Mera 2022
Sábado 17.09.2022 ás 20.00 h concerto de clausura do XIV de música relixiosa.
Reservas + info 658.627.525
17/09/2022
Excursión "En Ruta Coñecer Covelo" 2022
Sábado 17 de setembro de 2022, saída dende a praza de Covelo ás 10.00 h.
Visita e explicación Cruceiro de Covelo, Pasos de Lourido, Casa Museo Etnográfico Pazo da Cruz, Dolmen de Rebordechán-Graña, Casa Museo Leónides (Graña) e ponte do rio Cabras (Graña).

[1321 noticias - Página 60 de 265]   [anteriores] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade