Novas
02/10/2022
Portas abertas Serradoiro Dos Carranos 2022
Xornada de portas abertas do Serradoiro dos Carranos (mes de outubro). Actividade gratuita previa inscrición no teléfono 654500652 (Julio Eiroa).
Domingo, 2 de outubro, visita interpretada do Serradoiro dos Carranos, xoia etnográfica na parroquia de Maceira. Visitas guiadas as 10h, 12h, 14h e 16h en grupos organizados.
01/10/2022
Mostra de Produtos de Covelo outubro 2022
Sábado 1 de outubro de 2022, de 10 a 14 h.
01/10/2022
Observación Estelar no Alto do Castelo do Faro
Dúas xornadas de roteiros e observación e interpretación astronómica no miradoiro Paisaxístico do Castelo (Punto Geodésico do Faro, o máis alto de Pontevedra, con 1.154 m.) en Prado, Covelo.
Datas: Sábado 27 de agosto / Sábado 1 de outubro.
30/09/2022
Charla divulgativa do Programa TOPONIMÍZATE e da aplicación colaborativa GALICIA NOMEADA
Para este fin, explícase pormenorizadamente o uso da aplicación colaborativa Galicia Nomeada, así como a rendibilidade que se lle pode tirar a esta capa de información cultural unha vez que está xeorreferenciada e normativizada. Ademais, tamén se lles explica aos asistentes o significado dos topónimos maiores do concello onde se imparte a charla.

Charla impartida por Vicente Feijoo Ares: Coordinador da Unidade Técnica de Toponimia e Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG).
Venres 30 de setembro de 2022, as 11:30 h. no Auditorio Municipal de Covelo.
24/09/2022
Visitas guiadas ao cruceiro do mestre Cerviño no seu proceso de limpeza e conservación.
As visitas guiadas serán este sábado 24 de setembro, podendo inscribirse nas seguintes quendas: 10:30; 11:00; 11:30; 12:00; 12:30 e 13:00 horas. As persoas participantes que non desexen subir tamén poderán recibir a mesma información a pé de rúa reservando, en todo caso, no número de teléfono 986 650027 (Concellería de Cultura) en horario de mañá ata o venres día 23 de setembro.

[1321 noticias - Página 59 de 265]   [anteriores] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade