Axenda
27/09/2015
Ruta do Río Xabriña e visita ó Lagar da Cera FAVUM.
Dificultade baixa, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída ás 10:30 horas dende o recinto das festas de Paraños, rematando no mesmo lugar sobre as 14:00 horas. Visitaremos o lugar onde traballaban os cereiros. A entrada ó lagar de cera é de 1 euro. Na andaina contemplaremos o singular cruceiro do barrio da Margarida e a Igrexa co seu pombal, para despois introducirnos polos bosques de ribeira do río Xabriña, descubrindo a cada paso a importancia da auga para o home nas diferentes construccións: pontes, pasos, levadas, fontes, muíños…
26/09/2015
Ruta dos Carranos e visita ó Serradoiro dos Carranos
Dificultade media. Saída dende a Rectoral de Fofe ás 10:30 horas e rematando sobre as 14:00 horas. A andaina transcorre nas fragas do alto Tea onde poderán gozar dos valores medio-ambientais, paisaxísticos e patrimoniais do val e da serra. Pasaremos pola espectacular ponte medieval de Fofe que cruza o río Tea, visitaremos o Serradoiro e a Aula da Natureza e do Patrimonio Etnográfico dos Carranos, un conxunto único pola súa singularidade.
24/09/2015
Curso de Nivel Básico Aplicador de Produtos Fitosanitarios
Este carné de Aplicador de Produtos Fitosanitarios é obrigatorio para as persoas que traballen con estes produtos para partir do 26 de novembro deste ano.
21/09/2015
Programa diúrno de Balnearios
Ábrese o segundo prazo de inscrición para o programa de balnearios "Coidarte 2015" que rematará o 5 de outubro do 2015.
21/09/2015
CLUB COVELO PATINAXE ARTÍSTICA
Este ano volven lanzar o curso para nenos de 3 a 17 anos, os mércores de 16:30 h. a 18 h. no Pavillón Municipal de Covelo. O importe das clases será de só 6€ ao mes.

[1610 noticias - Página 256 de 322]   [anteriores] [251] [252] [253] [254] [255] [256] [257] [258] [259] [260] [261] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade