Novas
01/10/2015
Solicitude de contratación de persoas desempregadas ó amparo do II Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2015 da Deputación Provincial
Todos aqueles que estean interesados, deberán estar inscritos debidamente no Servizo Público de Emprego de Galicia, nas oficinas de A Cañiza nos postos nos que estiveran interesados.
24/09/2015
Curso de Nivel Básico Aplicador de Produtos Fitosanitarios
Este carné de Aplicador de Produtos Fitosanitarios é obrigatorio para as persoas que traballen con estes produtos para partir do 26 de novembro deste ano.
21/09/2015
Programa diúrno de Balnearios
Ábrese o segundo prazo de inscrición para o programa de balnearios "Coidarte 2015" que rematará o 5 de outubro do 2015.
21/09/2015
CLUB COVELO PATINAXE ARTÍSTICA
Este ano volven lanzar o curso para nenos de 3 a 17 anos, os mércores de 16:30 h. a 18 h. no Pavillón Municipal de Covelo. O importe das clases será de só 6€ ao mes.
19/09/2015
Ruta "Pedra do Lobo"
Dificultade media. Saída dende a praza do Concello ás 10:30 horas e remate as 14:00h. aprox. Principia nas abas de Castro para discorrer paralelo ó río Ponte Piñeiros. No seu percorrido podemos coñecer diversos ecosistemas, coma o bosque de ribeira, as brañas, as matogueiras, os prados e os pequenos bosques. Ademais deste variado patrimonio natural, compre admirar muíños, cruceiros e petróglifos, así como outras manifestacións da relación do ser humano e a natureza. Aquí verase a famosa pedra dende onde o lobo ouveaba e o Monte do Castro con magníficas vistas.

[1402 noticias - Página 233 de 281]   [anteriores] [228] [229] [230] [231] [232] [233] [234] [235] [236] [237] [238] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade