Novas
09/05/2016
Anuncio subvencións Xunta de Galicia para remate de fachadas, cubertas e rehabilitacións
06/05/2016
Ampliación rede de sumidoiros de Paraños
Ponse en coñecemento dos veciños de Paraños o proxecto e trazado da ampliación da rede de sumidoiros có obxecto de que sepan si van a ser beneficiados pola actuación e poidan facer as observacións que consideren relevantes para a súa conexión ou para a mellora da rede xeral.
05/05/2016
Obradoiros de creación da túa horta ecolóxica.
O curso vai dirixido a 15 persoas empadroadas no Concello de Covelo que dispoñan dun lugar onde realizar unha horta, con prioridade ás persoas desempregadas. O proxecto levarase a cabo dende o 23 de maio o 11 de xullo de 2016. Incricións do xoves 5 ó venres 13 de maio. Suministrarase sementes e plantel para a horta.
03/05/2016
Romería de Santa Cruz
Festa de Santa Cruz co traslado de Santa Marina a Valdomar
Misa cada hora dende as 10 da mañá
12h. Misa solemne e procesión acompañada do Cuarteto Tradicional Sacapunto
Pola tarde Misas ás 6 e ás 8
30/04/2016
VIII Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera
O VIII ciclo de música relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera, foi presentado onte no Balneario de Mondariz. O párroco de Barcia de Mera, Rafael Antela, principal impulsor deste ciclo de música clásica, indicou que "aínda que o elemento central é a música relixiosa, trátase tamén de achegar a música clásica a Barcia de Mera, aproveitando a magnifica acústica da igrexa", e gozar así mesmo da imponente contorna arquitectónica, artística e ambiental na que se desenvolve.

[1402 noticias - Página 223 de 281]   [anteriores] [218] [219] [220] [221] [222] [223] [224] [225] [226] [227] [228] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade