Novas
21/09/2015
CLUB COVELO PATINAXE ARTÍSTICA
Este ano volven lanzar o curso para nenos de 3 a 17 anos, os mércores de 16:30 h. a 18 h. no Pavillón Municipal de Covelo. O importe das clases será de só 6€ ao mes.
19/09/2015
Ruta "Pedra do Lobo"
Dificultade media. Saída dende a praza do Concello ás 10:30 horas e remate as 14:00h. aprox. Principia nas abas de Castro para discorrer paralelo ó río Ponte Piñeiros. No seu percorrido podemos coñecer diversos ecosistemas, coma o bosque de ribeira, as brañas, as matogueiras, os prados e os pequenos bosques. Ademais deste variado patrimonio natural, compre admirar muíños, cruceiros e petróglifos, así como outras manifestacións da relación do ser humano e a natureza. Aquí verase a famosa pedra dende onde o lobo ouveaba e o Monte do Castro con magníficas vistas.
19/09/2015
Concerto de Clausura do VII Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera
O sábado 19 ás 20:30h. Belén Elvira (mezzosoprano) e J.A. Álvarez Parejo (piano). Obras de Haendel, Mascagni, Verdi e Falla...
17/09/2015
Baile Tradicional Galego
Vaise crear unha aula de baile tradicional galego na Casa Cultural de Paraños. Para mais información chamar ao 689 979 585
15/09/2015
Poxa Pública á alza de árboles cortados
Subasta Pública al alza de arboles cortados

[1324 noticias - Página 218 de 265]   [anteriores] [213] [214] [215] [216] [217] [218] [219] [220] [221] [222] [223] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade