Novas
18/01/2016
Convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
Convocatoria pública do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación (DOG nº 11 do 11/01/2016).
18/01/2016
Axuda económica para o pago da factura eléctrica. Ticket eléctrico social de Galicia.
As axudas teñen por obxecto subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano). (DOG nº 248 do 30/12/2015).
13/01/2016
Contratación traballadores
"Os traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros), inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato."
Bases (BOPPO 02/12/2015)
06/01/2016
Tradicional Cabalgata do Concello de Covelo
Mércores 6 De Xaneiro

Saída das súas Maxestades as 17:00 h. dende Maceira
chegando a Residencia de Maiores de Covelo as 17:30 h.
Dende as 17:00h Animación Musical
Inchables
E Chocolate Con Roscón De Reis
(No Pavillón Municipal De Covelo)
24/12/2015
Entre lobos. Proxección e charla-coloquio con Marcos Rodríguez Pantoja.
A Casa Museo Pazo da Cruz organiza este sábado día 26 de decembro ás cinco da tarde no Auditorio de Covelo unha proxección e posterior charla-coloquio onde intervirá Marcos Rodríguez Pantoja que viviu 12 anos cos lobos, vida na que se baseou a película "ENTRELOBOS".

[1324 noticias - Página 213 de 265]   [anteriores] [208] [209] [210] [211] [212] [213] [214] [215] [216] [217] [218] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade