Actualidade e Noticias

Obradoiros de memoria e aprendizaxe "Cultiva a Mente".

Para persoas maiores de 55 anos sen deterioro cognitivo, interesadas na prevención do deterioro cognitivo e o coñecemento do envellecemento activo.
Sesións todolos xoves entre o 3 de abril e o 31 de decembro de 2025 de 10.30 h a 12.00 h. na sala multiusos do edificio usos múltiples do Concello de Covelo (excepto xullo e agosto, o obradoiro permanecerá pechado por vacacións).
A programación de actividades de promoción turística,cultural e da saúde do Concello de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

03/04/2025



Cronograma Roteiros Guiados e Interpretados 2025.

O Concello de Covelo presenta o programa de Visitas guiadas e Roteiros 2025 e convídate a pasar un fin de semana en plena natureza.

19/03/2025



A XUNTA SUBVENCIONA CON MÁIS DE 30.000 EUROS A RENOVACIÓN DO PARQUE INFANTIL DA GRAÑA, EN COVELO

O delegado territorial destacou o bo resultado dos traballos dos que xa están a desfrutar decenas de nenos e nenas da zona.
A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 16 concellos da área territorial de Pontevedra por importe total de máis de 520.000 euros.

18/03/2025



Foodtruck Galicia Sabe AMAR

Domingo 16 de marzo, unha das foodtrucks estarán no concello de COVELO no seguinte emprazamento: Praza Mestre Cerviño de 12:00 a 15:00 e de 17.00 a 19.00 horas.

16/03/2025



Teatro no auditorio Municipal de Covelo.

Feminissimas da Compañía De Ste Xeito, sábado 15.03.2025 ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Covelo.
Espectáculo financiado pola Deputación de Pontevedra co circuíto €+Escénicas€ de apoio á programación de espectáculos profesionais de artes escénicas.
Sinopse: Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o "feminismo"...
Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e postfeminisimo.
En resumo: unha comedia negra...moi violeta.

15/03/2025



[597 Actualidade e Noticias - Página 2 de 120]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade