Axenda
12/12/2018
Curso cultivos micolóxicos.
Os días 12, 14, 19 e 21 de decembro 2018.
10/12/2018
Aserradoiro dos Carranos: rematados os traballos de reparación e mantemento exterior e interior.
Rematados os traballos de sustitución de canaleta exterior que transporta a auga á noria, sustitución de comporta de madeira no canal que conduce a auga, colocación de tubo de baixada de augas do canalón, reparación de madeiras soltas na fachada do edificio e desinsectación de elementos estructurais e outros danados por termitas e carcoma e aplicación de tratamento de protección.
05/12/2018
Programa Integrado de Emprego "A Paradanta Inserta"
Reunión informativa cós interesados na inserción laboral e mellora da empregabilidade. O mércores 5 de decembro ás 12:30 h. no Auditorio Municipal de Covelo.
03/12/2018
Curso-obradoiro de cultivos micolóxicos.
Consistente en catro xornadas de dúas horas e cuarto cada unha, vai dirixido a tódalas persoas interesadas nesta actividade. Se desenvolverá os días 12, 14, 19 e 21 de decembro (mércores e venres) na Reitoral de Santa Mariña, en horario de 17:00 h. a 19:15 h. Inscripción ata o 11 de decembro.
28/11/2018
Mercado de Nadal 2018
Na Praza do Mestre Cerviño o sábado 22 de decembro de 10:30 h. a 14:00 h.
Exposición de artesanía, decoración, produtos de hortas ecolóxicas, marmeladas e licores, nen@s do colexio de Covelo con doces, chocolates e outros agasallos, artículos de bazar, posto de voluntariado social, posto de mel, visutería e arte floral…
Interpretación de panxolinas as doce do mediodía có grupo Seixos Brancos!!

[1689 noticias - Página 195 de 338]   [anteriores] [190] [191] [192] [193] [194] [195] [196] [197] [198] [199] [200] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade