Novas
26/08/2017
Ruta do Río Alén e visita ó Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera.
Dificultade Baixa. Ás 09:30 h. saimos dende a Praza do Mestre Cerviño en Covelo cara a Capela de San Xoán de Mosteiro, onde comezará a ruta. A andaina transcorrerá polo marxe fluvial do río Alén (afluente do río Tea) rematando as 14:00 h. na parroquia de Barcia de Mera.
19/08/2017
Ruta do Río Xabriña, visita ó Lagar da Cera e ó Centro de Interpretación da Cera, FAVUM.
Dificultade baixa, cunha duración aproximada de 4 horas. Saída ás 09:30 horas dende o recinto das festas de Paraños, rematando no mesmo lugar sobre as 14:00 horas. Visitaremos o lugar onde traballaban os cereiros. A entrada ó FAVUM é de 1 euro.
15/08/2017
Ruta dos Carranos e visita ó Serradoiro dos Carranos
Dificultade media. Saída dende a Rectoral de Fofe ás 10:00 horas e rematando sobre as 14:00 horas. A andaina transcorre nas fragas do alto Tea onde poderán gozar dos valores medio-ambientais, paisaxísticos e patrimoniais do val e da serra. Pasaremos pola espectacular ponte medieval de Fofe que cruza o río Tea, visitaremos o Serradoiro e a Aula da Natureza e do Patrimonio Etnográfico dos Carranos, un conxunto único pola súa singularidade.
13/08/2017
Ruta AQA
Dificultade baixa. Percorrido duns 12 quilómetros. Saída dende a praia fluvial de Maceira ás 09 horas e chegada ao mesmo lugar ás 14 horas aprox.
O percorrido da ruta AQA atravesa un espazo natural condicionado pola presenza da auga, que actuou como modeladora dunha paisaxe de vales e valgadas. Son numerosos os elementos do patrimonio etnográfico presentes ao longo da ruta e relacionados cos usos da auga, como presas e levadas para o rego, fontes e pasos, muíños, todos eles testemuños do íntimo vencello entre os covelenses e a auga ao longo dos séculos.
12/08/2017
Explicación do cruceiro do Cristo dos Aflixidos e visita á Casa Museo Etnográfico €Pazo Da Cruz€.
Empezaríase a explicación no cruceiro ás 11:00 horas, para logo ir camiñando ata A Hermida onde está situada a Casa Museo €Pazo Da Cruz€. Alí remataría a visita sobre as 14:00 horas. A entrada ó museo é de 2 euros os adultos e 1 euro os nenos.

[1324 noticias - Página 184 de 265]   [anteriores] [179] [180] [181] [182] [183] [184] [185] [186] [187] [188] [189] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade