Novas
23/10/2017
Instaladas e en funcionamento as estufas de pellets na casa cultural de Paraños e na rectoral de Sta. Marina.
Que para a realización dos investimentos €estufa de pellets canalizable na rectoral de Sta. Marina e insert de pellets en casa de cultura de Paraños€, concedéuselle unha subvención o abeiro da resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020
18/10/2017
AVISO DO PROGRAMA DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA
Os días en que funciona este transporte será o 19,20 e 24 de outubro.
E todas as señoras que teñan entre 50 e 69 anos que non recibisen carta poden chamar o telef. 981141414, onde lles darán unha cita.
09/10/2017
Información relativa ás modificacións no servizo de transporte público.
Moi importante: Transporte TES + BUS.
Poderanse utilizar para transporte público tódalas liñas de autobús
escolar con destino ao Colexio Público Antonio Blanco Rodríguez de
Covelo e proximamente as liñas con saída de Barcia de Mera e destino ao
Colexio de Mondariz. Débense utilizar as paradas de transporte escolar.
03/10/2017
Tecendo Lazos. Obradoiro de reciclaxe en familia.
No Edificio de Usos Múltiples de Covelo, os venres de 16:30 a 18:30 h. dende o 27 de octubre ata o 22 de decembro.
20/09/2017
Xornada de voluntariado ambiental para a limpeza do regato de Coveliño
Realizaranse labores de voluntariado ambiental na limpeza do entorno do regato de Coveliño, o sábado 30 de setembro de 2017 en horario de mañan de 10:30 h. ata as 13:00 h.
No remate da actividade ofrecerase un xantar tipo pícnic para os participantes na acción.

[1324 noticias - Página 181 de 265]   [anteriores] [176] [177] [178] [179] [180] [181] [182] [183] [184] [185] [186] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade