Axenda
28/11/2018
Mercado de Nadal 2018
Na Praza do Mestre Cerviño o sábado 22 de decembro de 10:30 h. a 14:00 h.
Exposición de artesanía, decoración, produtos de hortas ecolóxicas, marmeladas e licores, nen@s do colexio de Covelo con doces, chocolates e outros agasallos, artículos de bazar, posto de voluntariado social, posto de mel, visutería e arte floral€
Interpretación de panxolinas as doce do mediodía có grupo Seixos Brancos!!
27/11/2018
IV Galardóns "Síntete Covelo 2018"
A convocatoria dos €IV Galardóns Síntete Covelo€, ten a finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de persoas ou entidades que leven a cabo proxectos destacados e relevantes para o noso concello e para Galicia. Terase en conta a súa contribución á creación, o arte, a ciencia ou humanidades, o deporte, o medio ambiente e a conservación do noso entorno e paisaxe.
23/11/2018
O amor non sempre triunfa. Performance.
Performance sobre a deconstrucción do amor romántico.
Venres 23 de novembro, as 19:00 h. no Auditorio Municipal de Covelo.
19/11/2018
XXIV Xornadas Micolóxicas e Ambientais nas Fragas do Alto Tea
Os días 30 de novembro e 1 e 7 de decembro.
17/11/2018
Magosto e Samaín Covelo 2018. O sábado 17 de novembro ás 18:30 h. nos baixos do Pavillón Municipal.

[1610 noticias - Página 180 de 322]   [anteriores] [175] [176] [177] [178] [179] [180] [181] [182] [183] [184] [185] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade