Axenda
05/02/2020
Aberto o prazo das subvencións para adquisición de vivienda dirixida a menores de 35 años en municipios de menos de 5.000 habitantes
Para vivendas xa construidas, tanto novas como usadas, cun prezo de adquisición que non poderá superar os cen mil euros. A contía da axuda para a adquisición será de ata dez mil oitocentos euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
Prazo de presentación do 05/02/2020 ata o 30/09/2020, ou ata esgotar presuposto.
04/02/2020
Plan de loita contra o cancro do castiñeiro. Solicitude de tratamento experimental.
Plan de actuacións de loita contra as enfermidades do castiñeiro no 2020 á que poderán acceder tódolos propietarios de parcelas con plantación de castiñeiros que desexen solicitar o tratamento experimental de distribución de cepas para combater a enfermidade do cancro do castiñeiro.
31/01/2020
Poxa de Madeira
30/01/2020
O venres 14 de febreiro remata o prazo para a participación veciñal na planificación do IV Plan de Formación do Concello de Covelo.
Os cursos inicialmente propostos ata o de agora - en función das demandas dos veciños interesados no ano 2019 - son os seguintes:

Xardinería, redes sociais, seguridade en internet para pais, lingua de signos 2º nivel, acompañante de transporte escolar e comedor, acceso a internet, redes sociais, certificados electrónicos, correo electrónico, prevención de riscos en manexo de maquinaría forestal, monitor/a de tempo libre, cultivo de froiteiras e oliveiras, curso de caixeiro-a/repoñedor-a.


Poden facer propostas no relativo a novos cursos, á planificación dos cursos de formación que máis lle interesan, as datas e horarios de impartición, etc.
27/01/2020
Anuncio de contratación de 16 persoas ó amparo do Plan Concellos 2020
Requisitos básicos para acceder ao posto; consultar as bases no BOPP nº1 de 2/1/2020. As datas de inicio e finalización poden variar en función dos prazos administrativos e das necesidades dos servizos.

[1689 noticias - Página 175 de 338]   [anteriores] [170] [171] [172] [173] [174] [175] [176] [177] [178] [179] [180] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade