Inicio solicitude: 15 de abril de 2019.
Fin solicitude: 1 de Xullo de 2019 (incluído), ou ata esgotamento de crédito.
05/04/2019 Participación veciñal no III Plan de Formación do Concello de Covelo 2019 No presuposto deste ano contemplase unha partida orzamentaria para a ejecución dun Plan de Formación dirixido ós veciños do Concello preferentemente as persoas desempregadas. Có obxecto de determinar os cursos mais axeitados e a programación no tempo, sométese o plan a consulta pública para que tódalas persoas interesadas poidan facer as suas propostas tanto nos tipos de cursos que lle gostaría que fosen realizados como no calendario de impartición destes.
29/03/2019 Xestión de biomasa e distancias das novas plantacións e masas arboladas existentes. As persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais procederán a execución da xestión de biomasa incluída a retirada de especies arbóreas (eucaliptos, piñeiros e acacias) antes de 31 de maio de cada ano, segundo a Lei 3/2017 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/20I7 do 26 de decembro de medidas fiscais e administrativas de Galicia que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2018.