Axenda
07/10/2024
V Concurso Fotográfico Calendario Concello de Covelo 2025
A temática para o concurso fotográfico será "Covelo, Turismo, Cultura e Patrimonio".
Prazo de admisión concurso e para presentar as fotografías remata venres 22.11.2024 ás 13.30 h. na biblioteca municipal.
06/10/2024
Roteiro AQA, domingo 06.10.2024.
Domingo, 6 de outubro de 2024
? >> Roteiro AQA variante circular
Os roteiros guiados do ano 2024 son actividades turístico-deportivas do Concello de Covelo e Deputación de Pontevedra, guiados polo guía de montaña, biólogo e fotógrafo Julio Eiroa.
Inscricións e información dende o martes 1 de outubro ata esgotar as prazas no teléfono 654.500.652.
Número de prazas limitadas a 20 participantes.
05/10/2024
Recital de Poesía bénefico sábado 05.10.2024 ás 20 h, Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera-Covelo.
Sábado 05.10.2024 ás 20 h. recital de poesía benéfico na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera en Covelo, en colaboración coa fundación LUSEKELO-ALEGRÍA, que traballa en Zambia- Kasempa, en distintos proxectos de promoción e desenvolvemento social, así como a atención a enfermos de lepra e de sida.
Reservas chamando ao telf. 605072555
05/10/2024
Portas abertas Serradoiro Carranos Outubro 2024
Esta fin de semana de outubro temos:
9º XORNADA DE PORTAS ABERTAS DO SERRADOIRO DOS CARRANOS E A AULA DE NATUREZA
> Sábado 5 de outubro
> 4 pases horarios (10 H, 12 H, 14 H e ás 16 H)
> Para participar é necesario realizar unha inscrición online chamando ao 654.500652 (Julio)
05/10/2024
Mostra de produtos de Covelo, sábado 05.10.2024
Artesanía, produtos de proximidade, artículos de segunda man, obradoiros, showcooking e degustación de 2 recetas, música na sesión vermú, recollida de tapóns solidarios.
Este sábado 05.10.2024 desde as 10 h. ata as 14 h. na praza Mestre Cerviño en Covelo.
Máis info nos carteis ou chamando ao telf. do concello de Covelo 986594033 de 8.00 h a 14.00 h.

[1656 noticias - Página 17 de 332]   [anteriores] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade