Novas
02/04/2019
Publicouse no Perfil do Contratante a "Subasta de efectos sobrantes (chatarra existente no Punto Limpo e noutros almacéns municipais)."
Pode acceder o enlace aquí.
29/03/2019
Xestión de biomasa e distancias das novas plantacións e masas arboladas existentes.
As persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais procederán a execución da xestión de biomasa incluída a retirada de especies arbóreas (eucaliptos, piñeiros e acacias) antes de 31 de maio de cada ano, segundo a Lei 3/2017 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/20I7 do 26 de decembro de medidas fiscais e administrativas de Galicia que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2018.
21/03/2019
Subvencións dirixidas a entidades para as actividades culturais do Ano da Música 2019
Subvencións para promover, fomentar e difundir as actividades culturais que organicen as
entidades culturais sen fins de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste
cando teñen relevancia para os intereses provinciais, en especial, as actividades dirixidas á
reivindicación e difusión do patrimonio material e inmaterial da provincia de Pontevedra, entre
as que podemos sinalar: xornadas e eventos relacionados coa memoria histórica, actividades
relacionadas co patrimonio histórico-artístico, arqueolóxico e natural, actividades para a posta
en valor do patrimonio inmaterial propio das vilas e comarcas da nosa provincia, festivais,
mostras, encontros, certames culturais, etc. Inicio prazo solicitude: 22 de marzo de 2019. Remate prazo solicitude: 15 de abril de 2019
13/03/2019
Entrega de trampas de captura de raiñas de Vespa Velutina 2019
É agora na primavera, a mellor ocasión para colocar as trampas e o atraínte en aqueles lugares que existen colmeas ou árbores en flor, de tal maneira que coa captura das raiñas, que son as únicas activas nesta época, estaremos evitando a proliferación de futuros niños polo entorno.
Poderanse recoller nas oficinas do concello de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres ata rematar existencias.
12/03/2019
Campamentos de Verán - DEPOAVENTURA A Lanzada 2019
Prazo de presentación de solicitudes ata o 28 de marzo de 2019

[1324 noticias - Página 155 de 265]   [anteriores] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade