Axenda
29/04/2020
Ampliación das distancias permitidas para atender cultivos e viñedos en Galicia.
No caso dos desprazamentos para atender cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, sen fins comerciais, tendo presente a dispersión xeográfica existente en Galicia, permítese o desprazamento sempre que se realice dentro do mesmo termo municipal ou, de realizarse a outro termo municipal, non supoña unha distancia superior a 5 km da súa vivenda habitual e así o declare responsablemente a persoa que realiza esas actividades agrarias non profesionais.
28/04/2020
Información local actualizada a 28 de abril de 2020 relativa a COVID -19
Faise público o quinto informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo así como dos posibles casos pendentes de confirmar. Dende o 21 de Abril ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19. O posible novo caso na parroquia de Maceira, do que informamos anteriormente, deu NEGATIVO nas probas PCR realizadas. As boas noticias de hoxe tamén son que despois das tres altas da semana pasada e do caso negativo de Maceira, unicamente son 5 as persoas afectadas. Informase de axudas de emerxencia a persoas e familias por falta de ingresos, da continuación do reparto gratuito de mascarillas a persoas empadroadas e da implantación do servizo gratuíto de préstamo de libros a domicilio na Biblioteca Municipal de Covelo.
21/04/2020
Información local actualizada a 21 de abril de 2020 relativa a COVID -19
Faise público o cuarto informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo así como dos posibles casos pendentes de confirmar. Dende o 13 de Abril ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19, non obstante, está pendente de diagnóstico un posible novo caso na parroquia de Maceira, ao que lle farán a proba no dia de hoxe. As boas noticias son que dos 8 casos anteriores, 3 foron dados de alta médica e poden facer a vida normal de confinamento. Infórmase tamén sobre as existencias e reparto de mascarillas.
13/04/2020
Axudas Básicas de Emerxencia 2020
Financiadas pola Deputación Provincial de Pontevedra
Gasto corriente: 5.500 € Investimento: 1.500 €
13/04/2020
Información local actualizada a 13 de abril de 2020 relativa a COVID -19
Para coñecemento da veciñanza, e coa intención de evitar alarmas e preocupacións entre os veciños derivadas de comentarios e noticias falsas, informo da situación a día de hoxe dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo e das medidas adoptadas.
Ademais dos traballos de desinfección, atención de enfermos e persoas dependentes, continúase adquirindo material de protección. Cando recibamos as 3.000 mascarillas encargadas indicarase como será o procedemento para recollelas. Neste sentido, quérese dar as grazas aos que voluntaria e desinteresadamente ofreceron o material que precisamos e que está sendo de suma importancia para nós.

[1610 noticias - Página 155 de 322]   [anteriores] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade