Novas
15/01/2020
Anuncio da programación anual 2020 de Roteiros Guiados e Xornadas da Portas Abertas do Serradoiro dos Carranos
As actividades consistirán en 22 rutas que percorrerán a totalidade da Rede Municipal de Roteiros (RMR) e se realizarán ao longo de todo o ano 2020, coa intención de poder desfrutar das diferentes paisaxes e sensacións que se poden apreciar e sentir nas distintas estacións do ano. Ademais ofrecemos 4 xornadas de Portas Abertas da Aula de Natureza e Serradoiro dos Carranos nos meses de Xaneiro, Abril, Xullo e Outubro.
14/01/2020
Novos horarios de autobuses, Bus Escolar e Tarxeta Xente Nova
Actualización pola posta en funcionamento do Plan de Transporte de Galicia que establece novos horarios e rutas, Bus Escolar Compartido e Tarxeta Xente Nova.
A información de forma permanente na sección "Servizos", "Liñas regulares de autobús" de esta web.
06/01/2020
Cabalgata de Reis 2020
O luns 6 de xaneiro no Pavillón Municipal de Covelo.
03/01/2020
Participación veciñal no IV Plan de Formación do Concello de Covelo 2020
No presuposto deste ano contemplase unha partida orzamentaria para a ejecución dun Plan de Formación dirixido ós veciños do Concello preferentemente as persoas desempregadas. Có obxecto de determinar os cursos mais axeitados e a programación no tempo, sométese o plan a consulta pública para que tódalas persoas interesadas poidan facer as suas propostas tanto nos tipos de cursos que lle gostaría que fosen realizados como no calendario de realización destes.
30/12/2019
Tarde de xogos en Covelo: xogos xigantes para divertirse xuntos.
Na carpa diante do Concello. Luns 30 de decembro ás 17:00 horas.

[1324 noticias - Página 142 de 265]   [anteriores] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade