Novas
29/04/2020
Obrigación da xestión da biomasa e ampliación do prazo.
As persoas que se despracen para a realización de actividades de xestión da biomasa deberán levar consigo unha declaración responsable que comprenda as leiras en que van levar a cabo as ditas actividades, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral; ademais, deberán levar consigo os apeiros, utensilios ou ferramentas necesarios para desenvolver as actividades de xestión da biomasa ou, de non levalos consigo, incluír na declaración responsable que os teñen depositados na parcela ou lugar determinado. O prazo de realización das devanditas actividades se estenderá ata o 16 de xullo de 2020 inclusive.
29/04/2020
Ampliación das distancias permitidas para atender cultivos e viñedos en Galicia.
No caso dos desprazamentos para atender cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, sen fins comerciais, tendo presente a dispersión xeográfica existente en Galicia, permítese o desprazamento sempre que se realice dentro do mesmo termo municipal ou, de realizarse a outro termo municipal, non supoña unha distancia superior a 5 km da súa vivenda habitual e así o declare responsablemente a persoa que realiza esas actividades agrarias non profesionais.
28/04/2020
Información local actualizada a 28 de abril de 2020 relativa a COVID -19
Faise público o quinto informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo así como dos posibles casos pendentes de confirmar. Dende o 21 de Abril ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19. O posible novo caso na parroquia de Maceira, do que informamos anteriormente, deu NEGATIVO nas probas PCR realizadas. As boas noticias de hoxe tamén son que despois das tres altas da semana pasada e do caso negativo de Maceira, unicamente son 5 as persoas afectadas. Informase de axudas de emerxencia a persoas e familias por falta de ingresos, da continuación do reparto gratuito de mascarillas a persoas empadroadas e da implantación do servizo gratuíto de préstamo de libros a domicilio na Biblioteca Municipal de Covelo.
21/04/2020
Información local actualizada a 21 de abril de 2020 relativa a COVID -19
Faise público o cuarto informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo así como dos posibles casos pendentes de confirmar. Dende o 13 de Abril ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19, non obstante, está pendente de diagnóstico un posible novo caso na parroquia de Maceira, ao que lle farán a proba no dia de hoxe. As boas noticias son que dos 8 casos anteriores, 3 foron dados de alta médica e poden facer a vida normal de confinamento. Infórmase tamén sobre as existencias e reparto de mascarillas.
13/04/2020
Axudas Básicas de Emerxencia 2020
Financiadas pola Deputación Provincial de Pontevedra
Gasto corriente: 5.500 € Investimento: 1.500 €

[1324 noticias - Página 137 de 265]   [anteriores] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade