Axenda
18/11/2020
Convocatoria de Elección de Xuíz de Paz Substituto do Xulgado de Paz de Covelo.
O Boletín Oficial da Provincia número 223, de 18 de novembro de 2020, publica Edicto deste Concello, de convocatoria de Elección de Xuíz de Paz Substituto do Xulgado de Paz de Covelo.
Segundo dito Edicto, as persoas interesadas en participar no proceso de elección deberán presentar no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación do referido Edicto no BOP, a correspondente solicitude.
17/11/2020
Xornada de Dinamización, Mostra e Impulso de Iniciativas de emprendemento Rural no Futuro de Covelo
O sábado 21.11.2020 de 9.30 h a 14.00 h. no auditorio Municipal do Concello de Covelo celebrarase a xornada de dinamización, mostra e impulso de iniciativas de emprendemento rural no futuro de Covelo.
A xornada caracterizarase con unha equipa de traballo entre os ponentes e os participantes que buscarán solucións para os diferentes tipos de proxectos que poidan ser viables como proxectos de futuro autoemprego no noso concello.
16/11/2020
Premios Concurso Fotografía Calendario Covelo 2021
Xa temos as fotografías que sairán no calendario do Concello de Covelo para o 2021.
Os premios foron para Ary Victoria Alonso Lombardía (1º premio), Lorena Varela Domínguez (2º premio) e Amalia Sánchez Francisco (3º premio). Moitas gracias por participar.
11/11/2020
Concurso Fotográfico - Calendario Concello de Covelo 2021
Sábado 14 de novembro de 2020 ás 19 h. no auditorio Municipal de Covelo apertura da exposición das fotografías presentadas o concurso.
Ás 20 h. veredicto do xurado.
06/11/2020
V Anuncio información local actualizada a 6 de novembro de 2020 relativa a Segunda Ola da Pandemia de COVID -19
Faise público V Informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo nesta nova etapa de evolución da pandemia e outras novas de interese.

[1558 noticias - Página 128 de 312]   [anteriores] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade