Novas
07/12/2020
Mercado de Nadal Covelo 2020
Sábado 19 de decembro de 10.30 h a 18.00 h. na praza do Mestre Cerviño diante do concello con carpa ambientada no Nadal.
Postos de venda e exposición, anímate e compra os teus agasallos!!!!!
Obradoiros e actividades para todas as idades e recollida de cartas polos Paxes Reais na casiña temática.
04/12/2020
IV Programa de Compostaxe Doméstica no Día Mundial do Solo
Entregaranse 25 composteiros aos participantes. Tódolos interesados en participar nesta inciativa deben residir en vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín, estar empadroados, non ter participado nos programas anteriores e solicitar a participación nas oficinas do Concello ata o luns 1 de decembro de 2020.
27/11/2020
VI Anuncio información local actualizada a 27 de novembro de 2020 relativa á Segunda Onda da Pandemia de COVID -19 e participación veciñal nos Orzamentos do 2021
Dende o pasado 6 de novembro, no Concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19. Os dous casos anunciados o pasado 6 de novembro foron dados de alta médica. A dia de hoxe, non existen casos coñecidos e diagnosticados.
Coa intención de fomentar os procesos de participación veciñais na toma de decisións públicas, esta Alcaldía, pon en coñecemento de tódolos veciños e veciñas que poderán facer propostas en calquera ámbito orzamentario:
Plan anual de inversión. Organización de actividades lúdicas, deportivas, culturais e sociais. En relación a organización, funcionamento e financiación dos servizos públicos. Propostas de subvencións, impostos, taxas ou calquera outro asunto que considere oportuno.
26/11/2020
VI Galardóns "Síntete Covelo 2020"
Aberta a convocatoria dos "VI Galardóns Síntete Covelo", coa finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de persoas ou entidades que leven a cabo proxectos destacados e relevantes para o noso Concello e para Galicia. Terase en conta a súa contribución á creación, as artes, a ciencia ou humanidades, o deporte, o medio ambiente e a conservación do noso entorno e a nosa paisaxe.
25/11/2020
Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía e PACES.
Aprobación do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía (PACES).
No Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía os concellos integran os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 de reducir as emisións de CO2 no seu territorio nun 40%, a través das súas políticas municipais. Cada concello redacta un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) no que inclue un Inventario de Emisións de Referencia (IER), unha Avaliación de Riscos e Vulnerabilidades (ERV) ante o cambio climático. Cada dous anos tamén se presentará un Informe de Seguimento do PACES.

[1324 noticias - Página 121 de 265]   [anteriores] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade