Establecemento dun servizo de vixilancia da cuarentena e asistencia e apoio a persoas soas ou dependentes.
- 17/03/2020 -
O Concello de Covelo pon en coñecemento da veciñanza que a través da Comisión Municipal de Seguimento do COVID-19, da que forma parte a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén Tea, ponse en funcionamento unha ronda diaria de vixilancia e atencións básicas por tódalas parroquias do concello.