Present News



Ven descubrir as historias de Bemol pequeno na praza Mestre Cerviño
- 12/07/2022 -

O Concello de Covelo, dentro da programación do Verán Cultural, organiza esta actividade de animación musical infantil
 Dentro da programación do Verán Cultural do Concello de Covelo o venres día 15 ás 20:30 horas Bemol, o pequeno, relatará as súas historias na praza Mestre Cerviño.


A iniciativa “Ler Conta Moito” da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia chega a Covelo para acompañarnos ao longo do verán en diferentes sesións.


Música e fabulosas historias farán que os máis pequenos dos fogares da nosa vila se acheguen á lectura da man dos contacontos musicais.


A seguinte cita coa diversión musical e narrativa de “Ler Conta Moito” será o vindeiro 23 de xullo coa actividade de animación infantil “Brinca Vai!” tamén na praza Mestre Cerviño de Covelo.


O Verán Cultural do Concello de Covelo ofrece actividades para tódalas idades en distintas parroquias do concello.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade