Present News



O goberno de Covelo encarga traballos de limpeza e conservación do cruceiro de ánimas do Santo Cristo dos Aflixidos
- 08/07/2022 -

O alcalde sinala que esta intervención permite suprimir ou minimizar os factores de alteración actuais e documentar e valorar o estado real de conservación
 O Concello de Covelo encarga os traballos de limpeza e conservación do cruceiro de ánimas do Santo Cristo dos Aflixidos. Esta intervención conta co apoio da Deputación de Pontevedra que aportará unha achega de 9.034,44 euros sendo o total do importe de 11.519,20€.

 

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, explica que o obxectivo fundamental da intervención é suprimir ou minimizar os factores de alteracións actuais e previr, no posible, os futuros. “A actuación que se propón permitirá documentar e valorar o estado real de conservación do monumento e realizar intervencións conservadoras mínimas, que freen os factores de alteración existentes pero que non impliquen un cambio substancial no aspecto que o monumento foi adquirindo co paso do tempo”.

 

Trinta e cinco anos despois da súa última restauración unha empresa especializada deberá proceder ás delicadas actuacións nas que se deben contemplar aspectos como a orientación, a climatoloxía da zona, a colonización biolóxica, o vento, o efecto da auga, as accións dos cloruros e as formas de degradación dos granitos, entre outros moitos aspectos.

 

Tres especialistas traballarán durante case un mes na eliminación de plantas, musgos e depósitos superficiais, no saneado das xuntas, no rexuntado, no tratamento de limpeza en húmido do granito e da serpentinita, no lavado de elementos metálicos, pegado de pezas soltas e revisión das pezas pegadas e reconstruídas na intervención anterior.

 

O tratamento do peto das ánimas será obxecto da eliminación de niños de insectos, da fixación de escamas de pintura por inxección de resinas e protección de policromía entre outras accións.

 

O cruceiro de ánimas do Santo Cristo dos aflixidos está incluído no catálogo do Plan Básico Autonómico de Patrimonio Cultural e detenta un nivel e protección integral.

 

Segundo os expertos constitúe un claro exemplo do que a Unesco define como Patrimonio Etnográfico, é dicir é unha creación dunha comunidade cultural, fundada na tradición, expresada por un grupo de individuos e que reconocidamente responde ás expectadvas da comunidade en canto a expresión da súa idenddad cultural e social.

 

Unha ollada histórica

Foi custeado por D. Juan Antonio Tielas Fontán, veciño de Covelo ( Castro), doado dende a morte prematura da súa filla. Na súa construción únense a fe, a dor, a aflición, o amor e a esperanza da familia de Tielas Fontán.

 

A súa cronoloxía tardía pon de manifesto o raizame do cruceiro como elemento de idenddade dos lugares, onde se conxuga a función relixiosa, protectora e sacralizadora dun determinado lugar, coa función udlitaria de guía e sinal das encrucilladas, neste caso tamén encrucillada vital.

 

O criterio de intervención se xustifica nas recomendacións realizadas desde ámbitos internacionais, a través das Cartas do Restauro, documentos doctrinales de ICOMOS e nas directrices procedentes do IPCE sobre os criterios de intervención en materiais pétreos.

 

Engaden os expertos responsables do proxecto que se conservarán os morteiros orixinais ou de reposición en bo estado que non sexan portadores de sales solubles, e mesmo aqueloutros cuxa eliminación implique danos no material orixinal. A elección dos materiais de restauración basearase na súa reversibilidade e eficacia, sen que alteren os compoñentes da obra, pouco agresivos co medio ambiente e coa saúde dos técnicos que os manexan.

 

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade