Agenda
REDE NATURA 2019
- 25/10/2019 -
Actuacións de Recuperación de Hábitats de Interese Comunitario e Mellora da Utilidade Pública na Z.E.C Tea dentro do Termo Municipal de Covelo


 

O Concello de Covelo o abeiro da subvención da subvención para investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en Concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, concedida mediante Resolución de data 21/06/2019 por importe de 16.104,00€, realizou accións de Recuperación de Hábitats de Interese Comunitario e Mellora da Utilidade Pública na Z.E.C Tea dentro do Termo Municipal.

 

En concreto, estes traballos consistiron en:

1. Conservación e restauración do Hábitat de Interese comunitario 9330 sobreiral de Quercus Suber (Chan de Mons-Barcia de Mera) (Z.E.C Tea).

2. Rehabilitación de elementos tradicionais de valor patrimonial da paisaxe rural: Restauración dos pasos de Porta Liñares (rego San Breixo) e Levada de Redondo (Z.E.C Tea) (Maceira).

3. Mellora de sendeiros rurais e accesos aos predios relacionados coa mellora do carácter de uso público dos espazos naturais, e sinalización de camiños no val do río Tea (Z.E.C Tea).





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade