News
Observatorio nocturno e miradoiro Castelo do Faro en Covelo
- 18/10/2019 -


O Concello de Covelo forma parte do Xeodestino turístico Condado Paradanta, no que se integra cos municipios da Cañiza, Arbo, As Neves, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, todos eles na provincia de Pontevedra. Este Xeodestino constiuíuse a mediados de 2017 e xestiónase a través do GDR Condado Paradanta, no que se integran os mesmos 10 municipios.

Dende entón desenvolven una actividade conxunta para impulsar o turismo no seu territorio e lograr que este sexa un significativo factor de desenvolvemento socioeconómico. Nesta tarea contan coa colaboración, entre outras entidades, da Axencia Turismo de Galicia (Xunta de Galicia). No caso concreto contouse coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia por importe 25.505, 45 €, a través dunha subvención para “actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no medio rural. Convocatoria para o ano 2019”.

A través da devandita subvención realizouse a instalación dun observatorio nocturno e miradoiro; situado no Castelo do Faro a 1.151m de altitude, nas inmediacións do vértice xeodestino.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade