Novas
Axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte
- 05/09/2008 -
Orde do 12 de agosto de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte e se convocan para o ano 2008. Constitúe a súa finalidade o fomento de programas que conduzan á valorización integral do monte galego e á diversificación dos produtos e recursos que proporciona. Capítulo II: Mellora e racionalización do aproveitamento dos recursos forestais a través do aumento do coñecemento e concienciación dos propietarios e xestores. Mellora dos coñecementos de todos os axentes para permitir un aproveitamento integral dos distintos recursos forestais no marco dunha xestión forestal sustentable e dunha política preventiva de incendios forestais e outros riscos ambientais. As axudas incluídas neste capítulo poderán consistir en: 1.1. Contratación de persoal técnico competente para a asistencia técnica dos propietarios ou xestores dos montes en materia de xestión forestal sustentable, diversificación da produción forestal e aproveitamento multifuncional. A subvención será do 80% do custo do contrato no primeiro ano e o 40% a segunda anualidade de contratación. 1.2. Proxectos de formación e información profesional no ámbito do sector forestal galego. Estes proxectos incluirán obrigatoriamente a descrición en detalle e a duración das actuacións que se desenvolverán, que poderán ser, individual ou conxuntamente: 1.2.1. Ensaios, proxectos piloto ou de demostración e outras accións de apoio técnico .... A axuda será do 80% dos custos de implantación e seguimento sen superar o máximo de 60.000 € por proxecto. 1.2.2. Accións de formación, divulgación e concienciación en materia de novas tecnoloxías, multifuncionalidade, sustentabilidade e diversificación dos produtos forestais, orientadas ao sector forestal galego. A axuda será do 100% do custo sen superar o máximo de 30.000 € por acción e 60.000 € por beneficiario. Capítulo III: Accións de aumento do valor económico dos bosques e promoción da diversificación das producións. Obxectivo: a ordenación das superficies forestais e dos aproveitamentos madeireiros e non madeireiros, así como os investimentos forestais encamiñados á posta en marcha e compatibilización de actividades produtivas complementarias da madeira tales como a gandaría e a súa base forraxeira, os froitos do bosque, os cogomelos, a biomasa residual, as plantas aromáticas e medicinais, etc. Actividades subvencionables: 3.1. Redacción de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión ou revisión xustificada destes por finalización do plan especial, cambios drásticos na cuberta forestal ou obxectivos ou imposibilidade manifesta de levar a cabo as accións recollidas nel. 3.1.1 Proxectos de ordenación de montes arborizados. Subvencionarase o 60% do importe de investimento en zonas desfavorecidas ou incluídas na Rede Natura 2000 e o 50% no resto das zonas. Nas revisións de proxectos de ordenación subvencionaranse como máximo o 50% do importe de investimento. 3.1.2. Plans técnicos de montes arborizados. Subvencionarase o 60% do importe de investimento en zonas desfavorecidas ou incluídas na Rede Natura 2000 e o 50% no resto das zonas. Nas revisións de plans técnicos de montes arborizados subvencionarase como máximo o 50% do importe de investimento. 3.1.3.- Instrumentos de xestión forestal específicos (Ixfe) das unidades de xestión forestal (Uxfor). O nivel de incentivo e o importe máximo do investimento serán os mesmos que para os plans técnicos de xestión. 3.2. Estudos para avinza ou acordo de lindes total entre CMVMC. Estes estudos subvencionaranse ata o 60% do seu custo en zonas desfavorecidas ou incluídas na Rede Natura 2000, e ata o 50% no resto das zonas, ... 3.3. Estudos de valorización integral dos recursos forestais. O importe máximo do custo subvencionable da redacción destes proxectos será de 6.000 € que se xustificarán na memoria técnica. 3.4. Iniciativas de valorización integral do monte. Neste punto as axudas serán do 60% en zonas desfavorecidas ou incluídas na Rede Natura 2000 e do 50% no resto das zonas, sen superar o importe máximo de 120.000 € por proxecto 3.4.1. Proxectos silvopastorais. 3.4.2. Outros proxectos de aproveitamentos complementarios: froitos do bosque (castaña, noz, pequenos froitos...), semente forestal, cogomelos, plantas medicinais, mel, etc. 3.4.3. Programas colectivos de ordenación de recursos forestais. Capitulo IV: Accións de posta en valor dos usos públicos dos espazos forestais. Obxecto: incentivar investimentos non produtivos que promovan o valor de recreo público das áreas forestais e que permitan o desenvolvemento da multifuncionalidade do monte como elemento protector. As axudas concedidas para atender as solicitudes presentadas en relación con este capítulo IV serán do 80% dos investimentos. O custo máximo subvencionable por proxecto será de 60.000 €. As accións subvencionables que conformen o programa poderán ser: a) Creación e restauración de ámbitos forestais de alto valor paisaxístico e de conservación da biodiversidade, a través da implantación e mellora de masas forestais fundamentalmente de frondosas autóctonas. ... b) Creación e mellora de pequenas instalacións para o fomento do uso social e divulgativo do monte e a mellora da concienciación e comprensión da importancia dos valores ambientais dos espazos forestais: -Centros de uso divulgativo e de interpretación forestal. -Itinerarios autoguiados, rutas. -Espazos de uso sociorrecreativo. -Outras accións de posta en valor dos aspectos sociais e turísticos das masas forestais. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. http://mediorural.xunta.es/forestal/principal/index.php?id=791


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade