En horario de 10:30 a 11:30 as nenas e os nenos de entre 7 e 12 anos participarán nunha xincana chea de probas e retos. Os grupos finalizarán o deseño dun cartel sobre o consumo responsable e sostible logo de traballar conceptos como os hábitos de compra, a obsolescencia programada, as tres R, a redución do consumo de auga e un longo etc de xeitos de vivir en harmonía co entorno natural.
Totalmente de balde, esta actividade infantil está enmarcada dentro dos Veráns de Lecer Consumo organizada pola Xunta de Galicia en colaboración con Xacobeo 21-22 e o Concello de Covelo.