Present News



Vive a música ao aire libre na casa cultural Costa-Casteláns, en Covelo
- 07/07/2022 -

A programación cultural chega ás parroquias co concerto de Antonio Barros e iAlma
 Dentro da programación do Verán Cultural que desenvolve o concello de Covelo nas parroquias e no centro urbano, o Concello convida a vivir unha noite de boleros e baladas no parque da casa cultural de Costa-Casteláns.


O alcalde Pablo Castillo lembra que a programación cultural percorrerá cada verán unha parte das parroquias co obxectivo de dar a coñecer as parroquias, ofrecerlles unha programación cultural e promover a interacción social e veciñal.

 

Antonio Barros e iAlma serán os encargados de nos trasladar a outros escenarios da man das súas voces e sons este sábado día 9 ás nove da noite.


Antonio Barros e iAlma” é o dúo acústico (piano e voz) que nace da unión destes artistas galegos no ano 2021 fruto da casualidade e dos anhelos de levar a música galega a un plano persoal e diferente. Suman xa máis dunha vintena de concertos por toda a xeografía galega e no extranxeiro.


"Con iAlma" é un espectáculo de boleros e baladas moi coñecidos, onde falan das distintas formas do amor e fan unha pequena viaxe a través de todas elas. Tan só cas teclas do piano e unha voz, de xeito moi íntimo para chegar o máis profundo dos corazóns.


Actualmente están a traballar no seu primeiro disco: “O Camiño de Vieiras Amarelas”, co cal pretenden dar visibilidade a diferentes realidades a través da viaxe persoal de catro persoaxes mentres realizan o Camiño de Santiago, facendo un paralelismo co camiño de baldosas amarelas do “Mago de Oz”.


"O Camiño de Vieiras Amarelas" tamén é unha filosofía de vida, un xeito de entender o mundo, onde a tolerancia, o respeto e a empatía empoderan a nosa bandeira, a nosa música, a nosa vida.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade