Para o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, é unha prioridade investir na mellora dos espazos públicos nos que a cidadanía desenvolve boa parte do seu día a día e recoñece o importante papel das casas e centros culturais como elementos dinamizadores da vida social e cultural das parroquias. O custo da obra será de 28,291.22€ e conta con financiación da Xunta de Galicia, Vicepresidencia Primera nun 80% (Orden para mellora de espazos e infraestruturas de titularidade municipal) e un 20% de fondos propios 20 do concello.
Para mellorar o día a día das e dos usuarios, o concello executará obras de accesibilidade, reposisión e mantemento como crear un acceso dende o vestíbulo á sala principal situada no andar 1 ou colocar un valo perimetral tanto na terraza do segundo andar como no muro de formigón do exterior da casa o pobo.
Ademais, procederase á reforma dos baños para adaptalos á normativa de accesibilidade e para iso demoleránse os tabiques interiores, ampliarase o oco de acceso aos aseos, colocaranse novas portas e sanitarios, tamén se mudará a fontanería e a iluminación e procedarase ao pintado entre outros traballos.
Dentro do proxecto tamén se contempla a reparación do pavimento interior e dos rodapés, o pintado de paredes e da varanda das escaleiras, o lacado de portas, o pulido do terrazo e melloras de iluminación. Na zona do escenario actuarase na electricidade colocando máis enchufes e mellor iluminación. Un proxector Led con sensor de movemento na entrada lateral do edificio e a colocación dun cartel indicativo co nome do local son algunhas das accións que recolle o proxecto.