Novas
Rías, bosques, montañas, ríos, canóns, lagoas, illas, praias, dunas, matogueiras, esteiros..., unha gran variedade de ambientes que debuxan unha paisaxe única en Galicia. Unha paisaxe que non se pode comprender sen a presenza humana desde hai milleiros de
- 06/10/2006 -
Exposición Galicia, conservando a natureza
Rías, bosques, montañas, ríos, canóns, lagoas, illas, praias, dunas, matogueiras, esteiros..., unha gran variedade de ambientes que debuxan unha paisaxe única en Galicia. Unha paisaxe que non se pode comprender sen a presenza humana desde hai milleiros de anos, e que tamén deixou a súa pegada a través dun rico patrimonio cultural e etnográfico. Esta exposición da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e promovida polo concello de Covelo, pretende que todos os galegos e galegas, e máis especialmente, os habitantes dos espazos naturais protexidos coñezan os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores da protección aos diferentes espazos naturais. Pero tamén, esta exposición pretende sensibilizarnos a todos da importancia que teñen os espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade, un patrimonio único e irrepetible, que temos a obriga de preservar para as xeracións futuras. Podrá visitarse os días 11, 12 e 13 de outubro na Reitoral de Santa Mariña, de 11 a 14:00 h da mañan e de 16:00 a 20:00 da tarde. Para visitas guiadas para grupos, chamar as oficinas do concello.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade