Exposición Galicia, conservando a natureza
- 06/10/2006 -
Rías, bosques, montañas, ríos, canóns, lagoas, illas, praias, dunas, matogueiras, esteiros..., unha gran variedade de ambientes que debuxan unha paisaxe única en Galicia. Unha paisaxe que non se pode comprender sen a presenza humana desde hai milleiros de anos, e que tamén deixou a súa pegada a través dun rico patrimonio cultural e etnográfico. Esta exposición da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e promovida polo concello de Covelo, pretende que todos os galegos e galegas, e máis especialmente, os habitantes dos espazos naturais protexidos coñezan os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores da protección aos diferentes espazos naturais.
Pero tamén, esta exposición pretende sensibilizarnos a todos da importancia que teñen os espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade, un patrimonio único e irrepetible, que temos a obriga de preservar para as xeracións futuras.
Podrá visitarse os días 11, 12 e 13 de outubro na Reitoral de Santa Mariña, de 11 a 14:00 h da mañan e de 16:00 a 20:00 da tarde. Para visitas guiadas para grupos, chamar as oficinas do concello.