Novas
Xestión de biomasa e distancias das novas plantacións e masas arboladas existentes.
- 29/03/2019 -
As persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais procederán a execución da xestión de biomasa incluída a retirada de especies arbóreas (eucaliptos, piñeiros e acacias) antes de 31 de maio de cada ano, segundo a Lei 3/2017 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/20I7 do 26 de decembro de medidas fiscais e administrativas de Galicia que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2018.
Xestión de biomasa e distancias das plantacións

Débese manter limpa de biomasa e retirada de especies arbóreas unha franxa de 50 metros (para o caso de eucaliptos, piñeiros ou acacias) desde:
– Chan urbano, núcleo rural e chan urbanizable
– Edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalación  industriais.
– Construcións illadas en chan rústico.
As distancias das plantacións a pistas, estradas e chans rústicos recóllense no seguinte gráfico:

<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 
Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade