Actualidade e Noticias



Esta fin de semana cociña en directo na Mostra de Produtos de Covelo
- 29/06/2022 -

Como cada primeiro sábado de mes o concello de Covelo celebra a súa feira na que atopar produtos de proximidade e artesanais
 Como cada primeiro sábado de mes o concello de Covelo acolle a súa “Mostra de Produtos” na que poderemos atopar dende postos de artesanía, alimentación, agricultura ecolóxica, xoiería, moda, produtos de beleza, pulpeiro, voluntariado social e música entre algunhas das propostas que atraen mensualmente á veciñanza local e a multitude de persoas dos concellos veciños que optan por pasar o resto do día percorrendo algún dos diferentes roteiros de sendeirismo, visitando a rectoral de Barcia de Mera, a Casa Museo Pazo da Cruz, paseando pola praia fluvial de Maceira ou gozando das vistas do miradoiro do Castelo do Faro.


A Mostra de Produtos de Covelo facilita un espazo no que clientes e produtores da zona poden coñecerse pero ademais promove un encontro no que socializar e gozar do tempo delecer. A maioría das persoas aproveitan para coñecer o noso concello e degustar a gastronomía local na que non faltan boas carnes e receitas tradicionais, tendo tamén ocasión de probar pratos máis novidosos na hostalaría das rectorais ou da aldea Lugar dos Devas”.


Este sábado día 2 a partir das 11 horas na praza Mestre Cerviño poderemos gozar da cociña en directo e xa a partir das 13 horas, e tamén en directo, da música durante a sesión vermú.


Na páxina web do concello pódense atopar todos os atractivos turísticos locais.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade