O amor non sempre triunfa.
Performance sobre a deconstrucción do amor romántico.
Venres 23 de novembro, as 19:00 h. no Auditorio Municipal de Covelo.
Co motivo do día internacional contra a violencia de xénero, o concello de Covelo organiza o venres 23 a "Performance para deconstruir o amor romántico" e previr a violencia de xenero. Entre as obxectivos que se pretende conseguir con esta xornada están os seguintes:
- Desmitificar os mitos do amor romántico.
- Reflexionar sobre a igualdade de xénero na relacións amorosas.
- Previr a violencia de xénero a través da reflexión sobre as actividades escénicas.